Club Natación Ponteareas
Xuntos dentro e fora do auga dende 1997

Categorías dende a prebenxamín ata a máster, con programas específicos de deporte inclusivo. Os adestramentos lévanse a cabo en dúas instalacións: o Complexo Deportivo Álvaro Pino, en Ponteareas, e o Campus de Vigo. A entidade conta cunha ampla experiencia, e os seus adestradores participan nos programas de seguimento de talentos e tecnificación da Federación Galega de Natación.
A continuidade deste proceso reflíctese na evolución dos deportistas: os nadadores do club competiron en Campionatos de España nas categorías alevín, infantil, júnior e sénior. Entendendo o adestramento deportivo como un proceso que tamén contribúe ao crecemento persoal, os adestradores fomentan dende o principio valores como a disciplina, o respecto, o esforzo e o compañeirismo.
Unha estrutura deportiva que abrangue dende as categorías de formación ata a competición absoluta e máster, así como a natación en augas abertas. Con arredor de 200 licenzas e dúas sedes de adestramento, o club reúne competidores de diversas idades e procedencias da provincia de Pontevedra, manténdose activo en todas as categorías federadas.
No eido competitivo, o club acadou títulos galegos por equipos tanto en categoría absoluta como en máster, a nivel individual varios deportistas posúen mellores marcas galegas. Os seus deportistas tamén participaron en campionatos de España acadando finais, e o equipo de augas abertas logrou o segundo posto na clasificación nacional da Copa de España nos anos 2025 e 2026. A traxectoria do club reflicte unha actividade competitiva constante tanto a nivel autonómico como nacional.
O club organiza campionatos en colaboración coa Federación Galega de Natación e trofeos do club no Complexo Deportivo Álvaro Pino na vila de Ponteareas.
Dende 2025 organizanse dúas probas de Augas Abertas: o Descenso de Salvaterra de Miño, puntuable para o Circuíto Galego de Augas Abertas, e o Vila do Tea, puntuable tamén para a Copa de España de Aguas Abiertas e o Circuito Luso-Galaico de Aguas Abertas.