Unha estrutura deportiva que abrangue dende as categorías de formación ata a competición absoluta e máster, así como a natación en augas abertas. Con 203 licenzas e dúas sedes de adestramento, o club reúne competidores de diversas idades e procedencias da provincia de Pontevedra, manténdose activo en tódalas categorías federadas.
No eido competitivo, o club acadou títulos galegos por equipos tanto en categoría absoluta como en máster, a nivel individual varios deportistas posúen mellores marcas galegas. Os nosos deportistas tamén participaron en campionatos de España acadando finais, e o equipo de augas abertas logrou o segundo posto na clasificación nacional da Copa de España nos anos 2025 e 2026. A traxectoria do club reflicte unha actividade competitiva constante tanto a nivel autonómico como nacional.